A Fachuqueira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

No dicionario de Aníbal Otero (1977) aparece recollido como sinónimo de facha ou fachuzo/fachuco, "presa de palla atada que se acende para alumar". A orixe tena nunha alteración do latín FACULA. Neste caso de Cedeira pode designar un lugar onde se tomaban fachos ou, ao situarse nunha pendente alta, que existise algún tipo de facho coa función de guiar os barcos. Por último, non podemos descartar que se trate do alcume dunha persoa.