Cedeira
Todos os topónimos Cedeira están preto do mar. En Galicia só hai dúas parroquias con este nome: no municipio de Cedeira (A Coruña) e en Redondela. A súa etimoloxía lévanos a cetaria, procedente do latín cetus (gran peixe, cetáceo). Polo tanto, o lugar designaría unha zona costeira dende onde se avistan grandes animais mariños ou unha zona relacionada coa súa pesca.