O Can do Coto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira
É un nome composto polo substantivo can (ver Can Branca) e o substantivo coto. Coto fai referencia á voz común coto "parte máis alta dun monte, que ten forma cónica" (dicionario da Real Academia Galega). Coto provén dunha base prerromana *COTT "prominencia, altura", que nalgúns casos é empregada para crear topónimos en tempos posteriores coa palabra de substrato coto "altura", dende o latín ou mesmo dende o galego. Porén, neste caso non parece que teña moito que ver coa altura, pois o terreo ao que se refire está case ao nivel do mar.