O Cerrado da Cancela



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Este topónimo está composto polos substantivos cerrado e cancela (para o primeiro elemento ver a entrada Cerrado, O). O segundo elemento é o substantivo cancela (do latín CANCELLA) "porta rústica de táboas ou paus que dá paso a unha herdade", que é moi común na toponimia galega. O nomenclátor de Galicia recolle cerca de cincuenta entidades de poboación que conteñen este nome.