A Regasenda
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Trátase dun microtopónimo de orixe xermánica formado polo antropónimo Reco e Sende, que se alteraría en Senda. Con respecto a este segundo elemento procede de ?SINDUS (en caso xenitivo ?SINDI) co sentido de "camiño, marcha". En documentación medieval atopamos o nome Recosindus, como se le en Catalunya carolíngia, de Ramón de Abadal y Vinyals. En definitiva, o microtopónimo vén dicirnos que esta terra era propiedade dun tal Recosindus. Na mesma zona encontrámonos con Camiño da Regasenda, Praia da Regasenda e Peirao da Regasenda.