O Souto



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Quintana
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Este microtopónimo é moi frecuente en toda a xeografía galega. Como se sabe, refírese a un lugar onde hai castiñeiros. Debemos indicar que a castaña foi base fundamental da alimentación galega até a entrada da pataca tras a descuberta de América. Na parroquia tamén se rexistran os topónimos de Camiño do Souto e Fonte do Souto.