O Xardín



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

A voz xardín é tomada do francés jardin, que á súa vez é un diminutivo romance do francés antigo jart "horto". Na lingua medieval, antes de que aparecera este galicismo, usábase co mesmo significado horto. O Xardín é un terreo situado no barrio de A Formiga. O Nomenclátor de Galicia recolle O Xardín en tres lugares, concretamente nos concellos de Gondomar, Melide e Ribadeo.