Soutelo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Souto vén do latín SALTU, que tiña en orixe un significado oronímico de "desfiladeiro, quebrada" e outro fitonímico "pastizais con bosque". O nome indica que habería, no momento do nacemento dos topónimos, un souto de castiñeiros ou de castiñeiros e carballos mesturados. A castaña tivo moita importancia como alimento en Galicia, antes da chegada da pataca americana de alén mar, e fixo que fose chamado nun principio castaña da terra ou castaña mariña. O topónimo Souto, O Souto e derivados é moi numeroso na nosa terra. Soutelo é un diminutivo de souto a través do sufixo latino -ELLU. Con este nome no barrio de A Formiga tamén se atopa Punta Soutelo, o galeón Lastre Soutelo e o Camiño de Soutelo que pasa ao carón.