As Garondas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Quintana
DA PARROQUIA DE
Reboreda

Este microtopónimo é, posiblemente, de orixe prerromana. A raíz Gar- (presente na toponimia europea) designa lugares pedregosos ou desniveis no terreo. Este microtopónimo é unha das reliquias da toponimia de Redondela e único en toda Galicia. En todo caso, en orixe a súa forma fose en singular (A Garonda) que acabou por conformar un plural como resultado da partición do sitio. Tamén se rexistra en Reboreda o topónimo Camiño da Garonda.