O Bruñido



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

O Bruñido (vén do latín *pruneu, por PRUNUM) é un derivado abundancial que pode facer referencia a un terreo onde abundaban os abruñeiros, árbores cun froito de cor escura e sabor acedo, que se pode considerar un tipo de ameixa. Porén, o máis probable pola súa situación ao carón da costa é que fose un lugar no que se pescaban bruños, que son as crías da centola. O Bruñido atópase no barrio de A Formiga e ao seu carón sitúase Punta Bruñido.