Lastre Soutelo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Formiga
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Trátase dun galeón afundido na Batalla de Rande situado no barrio de A Formiga. A Batalla de Rande tivo lugar en 1702, cando as tropas hispano-francesas sucumbiron ás forzas anglo-holandesas nunha batalla naval de considerables dimensións, ao que hai que sumarlle o posterior saqueo da zona. O combate produciuse no estreito de Rande onde se atopan os xacementos destes galeóns afundidos. Lastre é o "peso que se carga nunha embarcación ou nun globo para asegurar o seu equilibrio" e soutelo é un diminutivo de souto (véxase entrada Souto, O). Sitúase diante de Punta Soutelo, do mesmo nome.