A Lata



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

Este topónimo denomina unha zona de Millarada. Atopámolo formando outros microtopónimos como son Fonte da Lata ou Camiño da Lata. A súa orixe está no xermanismo SLATA que vén significar ou está vencellado ás estruturas das parras, os emparrados. É dicir, refírese aos travesaños dunha parra.