Vilar de Infesta



Este topónimo componse de dous elementos. O primeiro, Vilar refírese a un conxunto de casas ou a unha aldea. O segundo elemento Infesta determina a este "conxunto de casas". No dicionario atopamos a seguinte definición: "terreo que ten moita inclinación e superficie irregular". Polo tanto, o significado desta parroquia é "aldea situada nun terreo empinado".