Valdabrón
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo semella estar composto pola expresión Val de/do Abrón. Ao longo da documentación histórica e da pronuncia dunhas persoas ou outras, unhas veces aparece como Valdabrón e outras como Valdrabón. Este cambio de lugar do R é debido a unha vacilación fonética denominada metátese, como ocorre noutras palabras como pobre/*probe, Gabriel/*Grabiel, crebar/quebrar etc.
Valdabrón localízase onde se abren as terras do val no que está tamén o lugar denominado Perral, zona de nacemento do río Pexegueiro. Este río é o principal curso de auga que atravesa a parroquia e que vai marcar a divisoria natural entre os barrios de Tuimil e A Nogueira ao longo do seu percorrido por esta parroquia.
Perral foi analizado como un hidrónimo (nome de lugar referido á auga) de orixe latina vinculado ao río Pexegueiro, xa que se localiza no seu nacemento. O topónimo Abrón tamén podería ser considerado un hidrónimo. Hai autores que identifican a base prerromana *b-r co significado de auga, á que se lle engadirían variantes incrementadas, entre elas o afixo abr-, ebr-. Na Provincia de Málaga temos o río Abrón; en Teruel o río Ebrón, afluente do Turia; o propio río Ebro no nordés da península, ou o río Evros en Bulgaria. Desde esta perspectiva, o topónimo Abrón podería ser a denominación prerromana do actual río Pexegueiro nesa altura do seu curso, correspondente co seu nacemento.
A terminación -ón sería un sufixo aumentativo para identificar o seu maior tamaño con respecto a outras correntes de auga do seu arredor. O río Pexegueiro é o de maior caudal desta vertente que atravesa as parroquias do Viso e Cesantes ata a súa desembocadura en Redondela. O río Pexegueiro aínda coñecerá outras denominacións ata o final do seu percorrido. Augas abaixo podería estar relacionado con outro posible topónimo, Cezas, e un pouco máis abaixo aparece mencionado na documentación histórica do Viso como Rigueiro da Mó (Rega da Mó na actualidade).
No seu transcurso pola veciña parroquia de Cesantes está rexistrado como río do Esteiro desde o século XVI, ou río Caudal, en 1763. Na actualidade, tamén se lle denomina río Grande nalgunhas zonas do seu curso baixo.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, aparece xa o topónimo de Valdabrón no Viso baixo a variante Valdrabón: "Medio ferrado de labradío secano de tercera calidad al sitio de Baldrabón (sic)".