A Viña do Monte



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

Unha viña é unha plantación de vides ou videiras. Proporciona o viño da casa e o que se vai destinar para a comercialización nas propiedades con maior produción.
A palabra viña provén do latín vinea 'plantación de videiras'.
O topónimo Viña vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización (como é o nome de lugar que nos ocupa: Viña do Monte), os seus posuidores ou as súas características: A Viña Ancha (Quintela), As Viñas de Abaixo (Arteixo), As Viñas do Marelo (Castrelo do Val).