A Viña de Arriba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

Unha viña é unha plantación de vides ou videiras. Proporciona o viño da casa e o que se vai destinar para a comercialización nas propiedades con maior produción.
A palabra viña provén do latín vinea 'plantación de videiras'.
O topónimo Viña vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización (como é o nome de lugar que nos ocupa: A Viña de Arriba), os seus posuidores ou as súas características: A Viña Ancha (Quintela), As Viñas de Abaixo (Arteixo), As Viñas do Marelo (Castrelo do Val).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo, baixo a forma A Viña de Riba, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un tercio ferrado labradío regadío de tercera calidad al sitio da Viña de Riba, linda Levante y Poniente murado".