A Veiga da Vila
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
O sinónimo máis inmediato que manexamos é leira para designar os campos de cultivo.
A orixe da palabra veiga é prerromana. Para algúns autores viría do ibero vaika 'veiga' derivada do substantivo vai 'río' co sufixo -ka 'zona do río'. Para outros estudosos pode provir da composición (terra) ibaika 'terreo á beira dun río'. En éuscaro actual, río dise ibai, en castelán vega.
É habitual que o topónimo Veiga apareza acompañado dunha palabra que identifique con maior precisión tanto as súas características, persoa propietaria ou a súa localización.
Pola súa parte, Vila provén do latín villa 'casa-granxa rural' (pronunciado con dobre L). Este primeiro significado latino foi evolucionando pasando de designar unha casa a sinalar un grupo de casas ou unha aldea, ata chegar ao concepto actual como centro administrativo dun concello.
En Redondela o topónimo Veiga conta con moita presenza: Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde (onde tamén atopamos o diminutivo Ponte da Veiguiña). Concretamente, en Cedeira temos tamén A Veiga da Vila de Abaixo e A Veiga da Vila de Arriba.