O Torto
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo fai referencia, normalmente, a lugares que presentan algún tipo de irregularidade no terreo, por curvaturas, ondulacións, torsións etc. A súa orixe está no participio verbal latino tortu 'torcido, dobrado', procedente do latín torquere 'torcer, dobrar'.
En Galicia rexístranse topónimos como Leira Torta, O Camiño Torto, Riotorto, A Retorta etc. que evidencian a forma que presentan. En Ventosela temos os lugares denominados As Tortiñas, A Chan das Tortiñas e Os Pozos das Tortiñas.
En Galicia están rexistrados máis de douscentos topónimos coa palabra torto e máis de catrocentos lugares rexistrados a partir da palabra torta.
No documento titulado Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, aparece xa este topónimo no Viso: "Un sexto de monte de segunda calidad al sitio do Torto. Linda Levante Tomasa".