A Teixeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha teixeira é un bosque de teixos. O teixo é unha árbore que conta cunha gran presenza na toponimia de Galicia.
A palabra teixo provén do latín taxus (Taxus baccata). De aquí, mediante o sufixo latino -aria formaríase a palabra taxaria, de onde provén o topónimo Teixeira.
A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc. Tamén se emprega para denominar conxuntos de árbores ou abundancia: carballeira, xesteira etc.
Para expresar a abundancia de árbores tamén se emprega o sufixo -edo, -eda -ido, de onde proveñen topónimos como Santo Andrés de Teixido (Cedeira), Teixeda (O Valadouro) ou O Teixedo (Manzaneda) e outros máis de cincuenta topónimos rexistrados con estas formas que indican conxunto de teixos.
Outro sufixo que tamén expresa abundancia de árbores é -al (piñeiral, carballal, toxal), de onde procede, por exemplo, o topónimo Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras), un dos mellores bosques de teixos de Europa.