O Tallo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Os tallos son pequenas propiedades agrícolas que se foron orixinando polas consecutivas particións das herdanzas de xeración en xeración. Ás veces tamén poden denominar pequenos apartados dunha leira máis grande destinados a outro tipo de cultivos. A palabra tallo provén do latín taleare 'cortar, partir'.
En Galicia existen varios centos de topónimos rexistrados con formas variadas a partir da palabra tallo: Tallón, Tallós, Tállara, Talla, Tallada, Talloíño, Talliños, Tallobre etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "La partida séptima que es la novena parte de un ferrado de labradío regadío de segunda calidad al sitio do Tallo. Linda Levante y Poniente murado".