Suvalado



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo está composto por un prefixo su- e o substantivo valado. O prefixo su- provén do prefixo latino sub- 'debaixo'. Fai referencia a un lugar que se atopa pola parte de abaixo dun valado.
Un valado ou valo é un muro de peche ou cerramento, normalmente de pedra. De forma xeral, valado tamén nomea os muros de contención entre socalcos.
A orixe da palabra valo e o seu derivado valado está no latín vallu, vallatu 'muro, valo, estacada'. Vallatum é o participio do verbo vallare 'cercar, protexer cun valo'.
En Galicia é un topónimo moi abundante, con centos de localizacións e variantes todo o territorio: Valadares, A Valada, Valadiña, Os Valadosos, Suvalado, O Valadeiro etc.
En Redondela atopamos Os Valos (Saxamonde), A Valada (Cabeiro, Saxamonde), Valadiñas (Cedeira).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Medio ferrado de labradío regadío de segunda calidad al sitio de Subalado. Linda Levante murado, Poniente el dueño".