Suspereiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo está composto por un prefixo sus- e o substantivo pereiros. O prefixo sus- provén do prefixo latino sub- 'debaixo', que adoptaba a forma subs- cando a palabra á que se engadía comezaba por P, T, C [k].
Fai referencia a un lugar que se atopa pola parte de abaixo duns pereiros. Este topónimo pode ter dúas posibilidades de significación. Por unha parte, a propia palabra nos remite ao nome da árbore que produce peras; por outra, tamén pode ser unha variante de pedreira, canteira. Será a visualización do lugar o que nos dea a pista de se se trata dun terreo de extracción de pedra ou de plantacións de árbores froiteiras.
Cando a pescuda visual non sexa suficiente, será a memoria da veciñanza a que poida darnos maior claridade a este respecto.
Se se tratar dun lugar poboado de pereiras, esta palabra provén do latín pirariu.
Se se tratar dunha pedreira, o topónimo Pereiro tamén sería semellante ao topónimo Pereira, con este significado de pedra, e terían a mesma orixe no latín petrariu, petraria. Na evolución do latín ao galego as formas petrariu, petraria pasan a pedreiro, pedreira, que poden manterse como tal ou perderen o -d- e resultaren pereiro, pereira, co significado de lugar poboado de pedras. Esta perda do -d- tamén se produciu no nome Pedro, que ten o seu correlativo Pero na Idade Media (cfr. trobador Pero Meogo) e que deu lugar ao apelido Pérez.
O sufixo latino -ariu, -aria, que evolucionou na actual terminación -eiro, -eira, engade, neste caso, sentido de abundancia ou colectivo, como en carballeira, xesteira, herbeiro etc.
Este topónimo, calquera que fose o seu significado, ten unha abundante presenza en toda Galicia, con varios milleiros de denominacións e variantes.
En Galicia atopamos Suspereiro(s) (Vimianzo, Catoira, Tomiño) e Suspereira(s) (Cariño, Barreiros, Castroverde, Castro Caldelas, Muíños).