Sete Fontes
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo está situado na estrema co municipio de Soutomaior, lugar de descanso para peregrinos antes de abandonar o concello de Redondela. Posúe unha fonte na actualidade. Por detrás da fonte que existe no lugar discorre o rego das Sete Fontes, que descende por unha pendente moi pronunciada do monte. Este rego das Sete Fontes provén da zona de Saramagoso. Cando comeza o seu descenso pola pendente pronunciada do monte, desaparece baixo terra e volve xurdir preto da área de descanso en varios mananciais. Esta abundancia indeterminada de abrollamentos de auga fai que sexa empregado un numeral, sete, que indica un número simbólico que se emprega en moitos outros conceptos culturais ou naturais, como, por exemplo, asociado a rituais de recollida de augas en sete fontes para prácticas curativas ou purificadoras. Esta asociación do sete a un número indeterminado vese tamén, por exemplo, na denominación dun edificio de época en Vigo denominado "Sete Torres", polos pináculos en que rematan os seus tellados. Outro dos mananciais que existe neste lugar das Sete Fontes proporciónalle auga a un muíño que está ao pé da estrada nacional.
En Galicia están rexistrados quince lugares denominados As Sete Fontes (Porto do Son, Ponteceso, val do Dubra, Muros, Guitiriz, Celanova, Bande, Entrimo, Viana do Bolo, A Lama, Tomiño, Caldas de Reis).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantío e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira, de 1792: "En los términos siguientes. En el monte y sitio que nombran Siete Fontes, está la Real Dehesa perteneciente a esta feligresía, con la sembradura de noventa ferrrados, poco más o menos, y en la cual se contaron mil setecientos treinta y seis robles que los más prometen ser útiles."