O Roupeiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo O Roupeiro ten a súa orixe nun nome propio xermánico de persoa latinizado como Rauparius. Este nome, polo tanto, medieval está composto pola base léxica raupa 'roupa' (a mesma palabra que deu lugar ao termo actual roupa), máis o sufixo proveniente do gótico harjis 'exército' que foi latinizado como -arius.
O nome propio de persoa Rauparius aparece en varios documentos medievais ata o século XI, o que evidencia a antigüidade da súa existencia na nosa toponimia.
En Galicia está rexistrados máis de cincuenta topónimos cos esta denominación: As Lamas de Roupeiro (Viana do Bolo), A carballeira do Roupeiro (Vilariño de Conso), O Lombeiro do Roupero (A Gudiña) etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Medio ferrado de monte de segunda calidad al sitio do Roupeiro".