A Riba



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

Aínda que este topónimo se localiza nun lugar elevado con respecto á costa, e podería interpretarse como situado nun lugar superior en relación con outra zona máis baixa, a presenza da palabra individual A Riba, ou ás veces tamén Arribas, e a súa proximidade ao mar, fainos pensar nunha orixe no latín ripa co significado de 'beira, ribeira'.
En Cesantes está rexistrado o topónimo fonte de Ribas, pola súa proximidade ao río Pexegueiro.
Outros topónimos con significados semellantes de proximidade a un río ou ao mar serían: Ribada, Ribazo, Arribas, ou en topónimos como Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribas de Miño, Ribeiro, Ribeira etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Medio ferrado de labradío regadío de tercera calidad al sitio da Riva (Riba), linda murado".