A Raposeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Un topónimo de significado claro: lugar onde viven ou abundan as raposas. A denominación latina da raposa era vulpes, de onde derivan numerosos topónimos galegos como Vulpilleira, Gulpilleira ou Golpilleira. O termo raposa podería proceder da mestura dos vocábulos latinos rapu 'rabo' que derivaría en rabosa, pola exuberancia do seu rabo, e o p procedería do verbo rapio 'rapinar, roubar', é dicir, un animal que destaca polo seu rabo e por rapinar animais nas casas.
A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; neste caso, para denominar lugares onde viven animais: galiñeiro, oseira, azoreira etc.
Na parroquia de Cederia temos o Coto da Raposa.
En Galicia están rexistrados máis de novecentos topónimos sobre a palabra raposa.