A Porteliña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
É un topónimo que aparece referido ao paso ou entrada nun lugar ou nun núcleo principal. Pode presentar forma masculina ou feminina: Porto, Porta. Provén do latín portu, porta 'paso, pasaxe, entrada'. A forma masculina Porto é máis frecuente en lugares de paso de ríos e de montañas (onde tamén se emprega Porta, Portela e Porteliña). A terminación -iña é un sufixo diminutivo que procede do latín -ina. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo. En Redondela podemos atopar outros topónimos semellantes con Porto e Porta e que fan referencia a lugares para o paso ou entrada: Porta Cedeira (Cedeira) Veiga da Porta (Quintela) e A Porta do Caballero (Reboreda), Porto Cabeiro, Muíño do Porto (Quintela), Regueiro do Porto (Quintela), A Portela (Cedeira), Portelo do Supazo (Saxamonde), As Porteliñas (Saxamonde). En Galicia aparecen rexistrados máis de douscentos lugares co topónimo diminutivo Porteliña, e máis de mil trescentos lugares co topónimo pleno Portela.