Os Penedos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra Penedo significa pedra, e presenta a variante pena. Ten unha orixe incerta. Para algúns autores proviría do latín pinna 'pluma, pináculo, amea dunha muralla'; para outros autores podería provir dunha base léxica prerromana *penn- 'rocha, pena'. En todo caso, a forma peneda remata nun sufixo -eda, -edo (que tamén desenvolve a variante -ido), procedente do latín -eta, -etu e outórgalle un significado de colectividade, como sucede en Carballeda, Figueiredo/Figueirido, Cerqueda, Teixido, Maceda etc.
En Redondela conservamos outros topónimos relacionados con Penedo, como o camiño da Pena en Vilar de Infesta ou o camiño das Penas en Cedeira, Outeiro das Penas en Cesantes ou un derivado da palabra penedo como monte Penide en Cedeira.
En Galicia hai máis de dous mil topónimos coa denominación de Penedo.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, na súa forma singular, O Penedo: "Un sexto ferrado de labradío secano de primera calidad al sitio do Penedo. Linda Levante Nicolás García, Poniente Juana".