A Peneda
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra Peneda significa pedra, e presenta as variantes pena, penedo. Ten unha orixe incerta. Para algúns autores proviría do latín pinna 'pluma, pináculo, amea dunha muralla'; para outros autores podería provir dunha base léxica prerromana *penn- 'rocha, pena'. En todo caso, a forma peneda remata nun sufixo -eda (que tamén desenvolve a variante -ido), procedente do latín -eta e outórgalle un significado de colectividade, como sucede en Carballeda, Figueiredo/Figueirido, Cerqueda, Teixido, Maceda etc.
En Redondela conservamos outros topónimos relacionados con Peneda, como o camiño da Pena en Vilar de Infesta ou o camiño das Penas en Cedeira, Outeiro das Penas en Cesantes, ou un derivado da palabra Peneda como monte Penide en Cedeira.
En Galicia hai máis de cento oitenta topónimos coa denominación de Peneda.