A Pelourenza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo é un derivado da palabra pelouro, que significa por unha parte, pedra pequena, lisa e arredondada polo efecto da erosión, mais tamén se estendeu o seu significado a calquera pedra grande e desigual, penedo. Ten a súa orixe no mozárabe *peroulo 'pedra pequena', forma diminutiva do latín petra 'pedra'.
Na palabra primitiva *peroulo produciuse un intercambio de consoantes entre o L e o R, xa que son próximas entre si, e mesmo aparecen unha ou outra nalgunhas palabras da mesma familia léxica (placidez / pracenteiro, flotilla / frota etc.).
Na evolución do latín ao galego a forma petra pasa a pedra, que pode manterse como tal ou perder o -d-. Esta perda do -d- tamén se produciu no nome Pedro, que ten o seu correlativo Pero na Idade Media (cfr. trobador Pero Meogo) e que deu lugar ao apelido Pérez.
A terminación -enza provén dun sufixo latino -entia que se desenvolveu en moitas palabras do noso idioma: sentenza, presenza, licenza etc.