O Pazo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra pazo ten a súa orixe no latín palatiu 'do monte Palatino', en alusión ao monte de Roma onde os podentes romanos construían as súas mansións. De aí o seu significado actual de vivenda luxosa e grande. Mais, en galego, pazo non se refire sempre a unha mansión nobre, senón que tamén pode aludir a unha casa grande ou de relevancia.
Na evolución da palabra palatiu ao galego actual, perde o L intervocálico como lle sucedeu ás palabras máis antigas do noso idioma: muíño (latín molinu), vixiar (latín vigilare), moer (latín molere) etc. A terminación latina -tiu, -tia, nas palabras máis antigas, evoluciona en -zo, como ocorre co latín sententia > sentenza, spatiu > espazo.
O denominado pazo de Soutoxuste conserva hoxe en día os restos do que foi unha edificación de relevancia no lugar, na actualidade atrapado entre outras construcións máis modernas.
Na publicación web de Juan Migueles, Anecdotario Redondelán extraemos a seguinte información sobre este edificio: "Deste pazo aínda se pode ver a torre entre casas e engadidos de recente construción. Tamén se conserva a capela, que é a de San Vicente de Soutoxuste, que foi desprazada da súa situación orixinal. Foi propiedade de Esteban Barbeito Padrón. A súa liñaxe procedía da casa de Piñeiro (Corzáns-Salvaterra do Miño). Destes Barbeito descenderon os da praza da Ferrería de Pontevedra, donos da casa chamada "Casa de las Caras". Outro descendente sería Antonio Mauricio Troncoso de Lira Sotomayor y Barbeito, o famoso "abade do Couto" da guerra da Independencia e defensor de Tui e Vigo".
Na parroquia de Saxamonde tamén temos os topónimos O Pazo e Supazo (por debaixo do pazo). En Galicia están rexistrados máis de mil trescentos topónimos sobre a palabra pazo.