O Panasco
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra panasco aparece recollida en dicionarios e vocabularios xa desde o século XVIII. Daquela, o Padre Sarmiento escribía: "En Pontevedra chámanlle panasco a un terrón ou céspede que ten mata de herba, e que, cando está seca, serve para o lume; e dun terreo que está cheo de herba dise que ten moito e bo panasco". No século XIX a palabra panasco aparece descrita nos dicionarios como "céspede ou terrón seco que se queima para que non se reproduzan as súas raíces e para estercar coas súas cinzas". Noutros dicionarios máis modernos tamén atopamos panasco definido como "lugar do monte onde crece a herba espontaneamente". En Soutoxuste este topónimo nomea un lugar de prados rodeados de monte.
Hai autores que consideran que esta palabra podería ter unha orixe prerromana, xa que a terminación -asco, -asca é identificada como prelatina, e outros apuntan a unha procedencia do latín pannu 'farrapo, pano'.
En Redondela atopamos topónimos similares a este: A Panasca (Quintela), As Panascas (Cabeiro, Vilar de Infesta).
En Galicia están rexistrados máis de sesenta topónimos sobre a palabra panasco: O Panasquiño, A Panasqueira ou O Panasquete. Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un cuarto ferrado de monte de tercera calidad al sitio do Panasco. Linda".