O Outeiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
A partir do latín clásico altu 'alto, elevado' creouse a palabra altariu, coa derivación a través do sufixo -ariu, que deu en galego actual outeiro, que designa un monte de pequena altura.
A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Neste caso outórgalle ao topónimo un valor locativo, coa indicación de lugar topográfico, como sucede en ribeira, comareiro etc.
O monte denominado Outeiro Grande, leva o adxectivo "grande" que o distingue en tamaño e altura dos demais outeiros.
En Redondela temos rexistrado o topónimo Outeiro en Cesantes, Negros, Quintela, Reboreda ou Saxamonde; e a súa variante diminutiva Outeiriño en Cedeira.
Outeiro é un topónimo moi habitual en Galicia con ao redor de cinco mil lugares rexistrados en todo o territorio. A orografía Galega ateigada de elevacións do terreo, propicia a existencia de tantos lugares con esta denominación.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar un topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, denominado Outeiro das Pombas, e, posteriormente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, atopamos os topónimos Outeiro Grande e Outeiro do Cuco, así como o propio topónimo Outeiro: "Un tercio ferrado de labradío secano de tercera calidad al sitio do Outeiro. Linda Levante Nicolás García, Poniente Gabriel".