A Mina
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha mina é unha escavación subterránea destinada á captación de auga para abastecemento das casas.
A orixe da palabra é controvertida, xa que para algúns autores pode estar no latín minam e para outros no céltico mein 'mina, mineral', que chegaría á península a través do francés mine.
A forma derivada Minada pode proceder dun participio verbal latino minata 'minada', empregado como segunda parte dunha forma composta: terra minata.
O topónimo Mina témolo recollido tamén nas parroquias de Cedeira, Cesantes ou Vilar de Infesta.
O topónimo Minada podemos atopalo nas parroquias de Cesantes, Cabeiro, Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde e Vilar de Infesta, o que evidencia a importancia destas infraestruturas para a provisión de auga para as vivendas.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, e, posteriormente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Cuatro ferrados de labradío secano al referido sitio de la Mina, murado".