Os Matos da Freixeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Mato é un termo moi abundante en toda Galicia. Con esta palabra denominamos tanto un terreo con maleza e sen cultivar, como o conxunto de restos vexetais, como toxos, silvas etc., que se empregan, entre outras cousas, para estrar as cortes. Mato é a forma masculina da palabra mata, que son as plantas baixas, de toro curto que teñen as pólas a carón da terra; por exemplo, unha mata de toxo. A orixe tanto de mato como de mata é prerromana, aínda que non se sabe precisar a que substrato lingüístico pode pertencer. Pola súa parte, Freixeira é un derivado do nome da árbore freixo (Fraxinus excelsor), moi abundante en todo o territorio galego e que propicia a existencia de moitos nomes de lugar a partir da base léxica freixo. Freixeira ou Freixeiro proveñen do latín fraxinaria, fraxinariu 'lugar onde abundan freixos'. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc., ou para nomear un conxunto de árbores ou plantas: carballeira, freixeiro, freixeira, castiñeira, xesteira. En Galicia aparecen rexistrados ao redor de cento cincuenta lugares con esta denominación.