O Marco



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso

Un marco é unha pedra chantada na terra que sinala os lindes de dúas propiedades. A orixe desta palabra está no xermanismo mark 'bordo dun territorio'. Relacionado con este sentido delimitador están os significados de 'armadura fixa en que encaixa unha ventá ou porta' ou tamén 'armazón que rodea un cadro, espello ou algo similar', sen esquecer o sentido estendido a 'espazo real ou figurado en que se desenvolve algo: marco de relacións etc.'
En Redondela podemos atopar O Marco (Vilar de Infesta) ou O Marco da Legua (Negros).
En Galicia, este elemento tan empregado nas delimitacións das propiedades propiciou que aparezan rexistrados arredor de mil topónimos a partir desta palabra.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un sexto ferrado de monte de segunda calidad al sitio do Marco. Linda".