Manxueiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo presenta unha interesante evolución a partir do latín mansione 'pousada' e, co tempo, pasou tamén a designar o lugar onde se xunta e garda o gando ou outro tipo de animais. Outras voces que existen na actualidade a partir da evolución da palabra latina son Meixón, Meixoeiro, Meixoeira, Meixueiro ou Ameixoeiro, Ameixoeira etc.
Na evolución da palabra no noso idioma, o -N- intervocálico de mansione desaparece, como lles ocorre a moitas das palabras máis antigas da nosa lingua como moeda (lat. moneta), lúa (lat. luna), soar (lat. sonare), de aí o resultado final Manxueiro. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; neste caso, para denominar lugares onde situar algo: galiñeiro, poleiro, palleira etc.
Este mesmo topónimo Manxueiro atopámolo noutros lugares de Galicia como Arteixo, O Manxueiriño (Lobios) ou Os Manxueiriños (Soutomaior).