O Lombo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Lombo e as súas variantes (Lomba, Lombeira, Lombiño etc.) é abundante nos nomes de lugar por toda Galicia, debido ás elevacións do terreo que existen por calquera recanto da nosa xeografía.
A palabra lombo provén do latín lumbu 'cadril, parte inferior das costas, lombo' e nomea lugares onde hai unha elevación do terreo, xeralmente alongadas. A aplicación da palabra lomba a estas formas do terreo desenvolveuse a partir da semellanza coa forma redondeada que adquire o lombo humano.
En Redondela temos A Lomba (O Viso), O Lombo (Quintela e Cesantes) ou Os Lombos (Saxamonde).
En Galicia están recollidos cerca de dous mil topónimos sobre esta base.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644. Tamén aparece na documentación esta palabra formando parte da composición doutros nomes de lugar: O Lombo de Abajo, A Cavada do Lombo ou río do Porto do Lombo.