O Laranxo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo é un cruzamento entre o nome da froiteira en castelán, naranjo, e a denominación en galego, laranxeira. En castelán, a palabra naranjo chegou á península a través do árabe naranya 'laranxa', que procede do persa narang.
En galego, laranxeira (Citrus aurantium) ten a mesma orixe ca en castelán, pero cun cambio na consoante inicial producido por un fenómeno fonético chamado disimilación: ao haber dous sons similares na palabra, n - n, un deles muda noutra consoante (l - n) por diferenciación entre elas. Aínda que a denominación xeral da laranxeira é feminina, tamén se adoita empregar o masculino laranxeiro. Este tipo de disimilación tamén se deu noutras palabras como alma < lat. anima.
A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; neste caso, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc.
En Redondela, este mesmo topónimo está presente nas parroquias de Negros e Reboreda.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, baixo a forma castelanizada O Narango: Un cuarto ferrado de labradío regadío de segunda calidad al sitio do Narango. Linda levante Antonia Castellano".