Os Lagos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra lago provén do latín lacu 'lago, estanque', e fai referencia ao estancamento da auga que se produce neste lugar debido á orografía cóncava do terreo que permite a súa acumulación tanto permanente como estacional. Así mesmo, pode ter unha orixe artificial, que serviría para acumular auga para a rega ou outros usos agrícolas, tamén coñecido co nome de poza. Mesmo podía empregarse para curtir neles o liño recollido nas plantacións.
En Redondela aparecen topónimos a partir da palabra lago: Fonte dos Lagos, Lavadoiro dos Lagos (Cedeira), Lago Morto (Cesantes), Muíño do Lago (Saxamonde).
En Galicia aparecen centos de lugares por todo o territorio que conteñen esta palabra.
Na documentación histórica do Viso atopamos un documento titulado Venta de varias herdades, de 1667, onde aparece o topónimo A Viña dos Lagos", e no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, temos o topónimo actual: "Dos ferrados de labradío regadío de segunda calidad, y uno y medio de monte de tercera, todo al sitio de Los Lagos, murado".