A Lagüiña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este é un topónimo derivado diminutivo da palabra lagoa. Tanto o topónimo Lagoa como calquera dos seus derivados ten moita presenza en toda Galicia motivado pola orografía dos terreos, o que permite a acumulación da abundancia de auga que existe ao longo do ano. Pode nomear a existencia dunha lagoa como tal ou de terreos con abundante auga.
A súa orixe está no latín lacuna. Na evolución da palabra no noso idioma, o -N- intervocálico desaparece, como lles ocorre a moitas das palabras máis antigas da nosa lingua como moeda (lat. moneta), lúa (lat. luna), soar (lat. sonare).
A terminación -iña é un sufixo diminutivo que procede do latín -ina. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo.
Da forma Lagoa, o derivado diminutivo esperable é Lagoíña. A variante Lagüíña, que xa aparece en documentación do século XVIII, é debida a unha harmonización das dúas vogais por proximidade de pronunciación entre elas, xa que tanto u como i son vogais fechadas.
En Galicia están recollidos máis de dous mil topónimos a partir da palabra lagoa, sobre a cal se desenvolven variantes como Lagoelas (Melide), O Lagoeiro (Boqueixón) etc.
En Redondela tamén ten unha gran presenza nas nosas parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Saxamonde ou Vilar de Infesta.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, tanto na forma Lagoíña como Lagüíña: "La partida treinta y seis que es medio ferrado de dehesa de segunda calidad al sitio da Lagoíña". "Un ferrado y cuarto de labradío regadío de tercera calidad al sitio da Lagüíña."