Os Piñeiros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo piñeiro (que designa unha árbore da familia das pináceas), xa se rexistra como topónimo "O Piñeiro" no Catastro de Ensenada (1756) onde aludía a unhas terras de cultivo. Cabe mencionar que antes de que se expandira esta especie (Pinus pinaster) polos bosques galegos pola repoboación do século XVIII, o piñeiro manso quedaba relegado a uns exemplares illados nun lugar. É por este motivo que xa se teña referencia en 1756 dun lugar nomeado O Piñeiro en singular. Por outra parte convén lembrar que a forma galega é piñeiro fronte a pino malia que esta teña tamén presenza na toponimia galega (por exemplo, o Concello do Pino; ou máis cerca, en varios microtopónimos de Vigo) e na literatura galega (Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal).