O Gandarón
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Gandarón é unha variante aumentativa de Gándara. Unha gándara aparece definida nos dicionarios como 'terra baixa chea de vexetación brava de pouca altura', 'terreo enchoupado e de vexetación pouco aproveitable' ou 'terreo húmido, areoso e pouco produtivo'.
É unha palabra de orixe prerromana sobre a base léxica ganda 'lugar pedregoso', ao que algúns autores lle engaden o sufixo prerromano -ara moi frecuente en hidrotopónimos de orixe prerromana como Láncara, Támara ou Lóuzara.
Na nosa parroquia contamos con outro topónimo semellante a este denominado A Gándara.
En Galicia existen arredor de vinte topónimos coa forma Gandarón e máis de mil topónimos sobre a palabra gándara, con variantes como Gandarela, Gandariñas, Gandareira, Gandaral etc.
O apelido Gándara conta en Galicia con máis de dúas mil oitocentas ocorrencias, a maioría concentradas en tres territorios: a Baixa Limia, O Baixo Miño e a Costa da Morte.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un cuarto ferrado de labradío secano de segunda calidad y un sexto ferrado de dehesa de primera al sitio do Gandarón, linda murado".