A Galleira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
Os topónimos Galleira e Galleiro están relacionados, normalmente, con dous conceptos: unha bifurcación (de ríos, de camiños) ou rochas fendidas ou promontorios de penedos parellos entre si. Ten a súa orixe no latín galleu 'rama, póla'. De aí provén a palabra gallo co significado de "rama ou pau bifurcado", ou "cada unha das partes que saen do toro das árbores ou das demais bifurcacións, nas que nacen follas, flores e froitos".
Referido a topónimos da paisaxe podemos ver este significado aplicado ás rochas no topónimo A Pena Gallada (Quiroga).
Pero, desde o punto de vista do significado vexetal, unha galleira tamén podería ser un lugar do monte onde abundan os paus con gallas, moi empregados nos labores agrícolas das casas campesiñas.
Na parroquia de Vilar de Infesta temos As Coutadas do Galleiro e en Cedeira O Galleiro.
En Galicia, a forma feminina apenas ten presenza: A Galleira (Cangas, A Pobra do Caramiñal), Curripa das Galleiras (Ourol), a Galleirada (Ourense). A forma masculina Galleiro está rexistrada en arredor de vinte lugares.