O Forno
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra forno vén do latín furnu 'forno'. Á parte de nomear a construción para fabricar pan, tamén denomina cavidades subterráneas, concavidades no terreo, fonduras que existen nos montes ou en zonas de campos, pola súa semellanza na forma coa construción (como pode suceder neste caso concreto).
Con este topónimo tamén se relacionan outros topónimos denominados como Fornelos, Forniños e Furna. Este último, Furna, aplícaselles tamén ás cavidades na costa marítima.
A maiores, dependendo da orografía das terras nomeadas, tamén pode referirse a terreos máis afundidos con respecto aos lindeiros. Non podemos esquecernos de que hai lugares onde aos dolmens prehistóricos tamén se lles chama fornos, pola súa forma semellante, o que dá pé á creación dos topónimos correspondentes. Así mesmo, hai emprazamentos con tumbas medievais escavadas en rochas que tamén deron lugar a topónimos como Fornelos e Fornos, pola denominación popular que lles daban a estes enterramentos.
Por outra parte, na documentación medieval xa atopamos a denominación de forno aplicado a nome xenérico de terras.
"per carreiras que vadunt per super fornos" (1258): "por carreiros que van por encima de fornos".
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761. Neste documento tamén aparecen as denominacións a Veiga do Forno e A Portela do Forno: "Un cuarto ferrado de monte de segunda calidad al sitio do Forno. Linda Levante, Poniente y Sur murado. Norte el dueño".