A Feixueira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Saramagoso
DA PARROQUIA DE
O Viso
Feixueira é unha variante da palabra feixoeira, que é un lugar onde se cultivan feixóns. Feixón procede do latín phaseolu, unha forma diminutiva latina que en galego deu feixó e que chegou a feixón a través dun cambio de sufixo final, como apuntan algúns autores, ou a través dunha forma *phaseolunu. En ambos os casos con perda do -L- intervocálico na súa evolución en galego (como en tantas outras palabras antigas no idioma como muíño < molinu, vixiar < vigilare, pau < palu etc.).
A terminación en -eira procede do latín -aria, -ariu. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira; tomateira, feixoeira, fabeira, ceboleira etc. Ao noso arredor están rexistrados os topónimos A Feixoeira en Vigo e Salceda de Caselas.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un ferrado de parra, un cuarto ferrado de hortaliza y un octavo ferrado de dehesa, todo de segunda calidad al sitio da Feijueira (sic). Linda Leste Gabriel Do Pazo".