Estremadoura



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Soutoxuste
DA PARROQUIA DE
O Viso

Un estremadouro ou estremadoura, variante dialectal da palabra estremadoiro, é a demarcación ou lindeiro que separa dúas propiedades ou territorios, neste caso coincide coa estrema entre o barrio de Soutoxuste e a parroquia de Cesantes.
Provén do latín extrematu, extremata 'extremado', participio verbal do verbo latino extremare, en base a unha construción latina terra extremata. A esta base latina engádeselle o sufixo -oiro, -oira, que forma neste caso un substantivo a partir dunha base verbal (estremar), que na zona occidental de Galicia se desenvolve coa variante -ouro, -oura, tan presente na nosa toponimia con formas como Pousadouro, Pousadoura, Rapadouro, A Veiga do Lavadouro etc. Por outros lugares de Galicia, especialmente pola provincia de Ourense, atopamos o topónimo Estremadoiro, Estremadeiro (Cerdedo) ou Estremeiro (Arteixo, Rois).