As Preiras / As Pereiras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Millarada
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
Na parroquia de Vilar de Infesta atopamos o topónimo con morfema plural As Pereiras que linda coa Escola das Nenas de Vilar e cun cualificador complemento do nome, As Pereiras de Redondela ou Redondas . Tamén aparece recollido como As Preiras, topónimo que se forman pola síncope da vogal pretónica "e" (fenómeno como A Cruña fronte A Coruña). En todo caso convén ter en conta que estamos ante unha palabra homónima: palabras que se escriben iguais pero teñen distinto significado e etimoloxía. Neste caso, tanto pode aludir á árbore froiteira pera (do latín PIRA), como tamén un lugar cuberto de pedras (do latín PETRA). Ambos os dous lexemas (pera e pedra) nas palabras derivadas evolucionaron ao galego como pereira,o aínda que tamén se emprega e se recolle para pedra o derivado pedreira, pedreiro. No Catastro de Ensenada (1756) referíanse a unhas terras de labradío, "Pereira" e "Da Pereira". Tamén aparece un lugar denominado como Pereiriña actualmente denominada como As Preiriñas, que se sitúan no Camiño de Fixón.