Os Eidos de Abaixo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso

O topónimo Eido refírese ao terreo que arrodea a casa e que conforma a propiedade do predio. Normalmente contén a casa, as construcións anexas, os patios e unha zona de horta para cultivos variados. De aí que o topónimo que tamén existe en Cesantes denominado A Veiga do Eido faga referencia a un campo de cultivo que está dentro dun eido.
A palabra eido provén do latín aditu 'engadido', participio do verbo adire 'engadir', como referencia ao terreo que envolve a casa. Desta mesma base latina proceden tamén outras palabras actuais como adición, adicional ou aditivo.
O topónimo Eido tamén vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización, os seus posuidores ou as súas características: Eido do Souto (Quintela), O Eido Novo (Quintela), O Eido da Caseira (Cediera).
Os Eidos de Abaixo localiza estas propiedades nun lugar da topografía que está na zona inferior dun terreo en pendente.
En Galicia existen centos de topónimos por todo o territorio que conteñen a palabra eido, a maioría deles concentrados na provincia de Pontevedra.