Eidos da Presa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Tuimil
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Eido refírese ao terreo que arrodea a casa e que conforma a propiedade do predio.
Normalmente contén a casa, as construcións anexas, os patios e unha zona de horta para cultivos variados. De aí que o topónimo que tamén existe en Cesantes denominado A Veiga do Eido faga referencia a un campo de cultivo que está dentro dun eido.
A palabra eido provén do latín aditu ' engadido ', participio do verbo adire ' engadir ', como referencia ao terreo que envolve a casa. Desta mesma base latina proceden tamén outras palabras actuais como adición, adicional ou aditivo.
O topónimo Eido tamén vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización, os seus posuidores ou as súas características: Eido do Souto (Quintela), O Eido Novo (Quintela), O Eido da Caseira (Cedeira).
Os Eidos da Presa localiza estas propiedades nun lugar da topografía en relación cun elemento referencial da contorna: unha presa de auga.
As presas son construcións para encorar a auga co fin de destinalas, normalmente, a usos agrícolas ou outros cometidos. A palabra presa provén do participio verbal latino prensa 'retido, agarrado', do verbo prendere 'reter, agarrar'. A perda do -n- antes do -s- é unha evolución fonética tamén presente noutras palabras con esta mesma secuencia como mensula > mesa, pensu > peso, tensu > teso etc.
En Galicia existen centos de topónimos por todo o territorio que conteñen a palabra eido, a maioría deles concentrados na provincia de Pontevedra. Os topónimos que conteñen a palabra presa superan os dous milleiros en Galicia. En Redondela temos, por exemplo: A Presa de Liúfre (Negros) ou A Poza da Presa e O Monte da Presa (Quintela).